Tui será o punto de partida do proxecto de Peregrinaxe a remo que esta tarde foi presentado na casa do concello polo alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, o concelleiro de Deportes, Andrés Urseira, o promotor do proxecto Rodrigo Arbones, o deseñador de barcos en kit, Alec Jordan, xunto a representantes dos clubs de Remo de Tui, Bueu e Cangas.

O alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, indicou que se trata dun proxecto interesante para Tui por todo o que implica que en Tui se ensamblen os barcos de remo para iniciar o camiño dende a cidade. Salientou amais o dobre interese do proxecto por esta vinculado ao río Miño e ao Camiño de Santiago, dous dos grandes activos da cidade.

 

O concelleiro de Deportes e Turismo, Andrés Urseira, fixo fincapé no interese turístico deste proxecto co seu carácter diferenciador, e co feito de ter a Tui coma base do mesmo.

Este proxecto do Camiño plantexa a realización do mesmo en cinco etapas a primeira polo río Miño dende Tui até A Guarda, a segunda dende Vigo, pasando por Cangas, Moaña e San Simón, até Pontevedra, a terceira partiría da cidade do Lérez até Bueu. A cuarta irá dende O Grove até Vilagarcía, e a última remataría en Pontecesures.

Rodrigo Arbones, promotor do proxecto que agarda sexa unha realidade este verán, sinalou que o mesmo xurdiu ante o interese que existía en facer o Camiño de Santiago en barcos de remo de forma discontinua polo río Miño e as Rías Baixas. Tras numerosos contactos nos últimos meses conta xa coa implicación dos dous clubs de remo de Tui, o Remo Tui e o Remo do Miño. O seguinte paso sería o ensamblado dos barcos que deseñou Alec Jordan, con capacidade para catro persoas e un temoneiro, proceso que durará aproximadamente 6 semanas. A navegación farase sempre a menos dunha milla da costa para garantir a seguridade dos peregrinos, e previo ao inicio do Camiño terían que facer un par de días de adestramento en Tui. A iniciativa vai dirixida a todos aqueles interesados pero teñen coma principal público obxectivo o chegado dende Inglaterra ou Escocia, aproveitando amais as viaxes ofertadas por distintas liñas áreas no entorno.

Pola súa parte Alec Jordan explicou coma a idea de barcos en kits xurdiu tras o encargo que lle fixo o Museo Naval de Escocia en 2009, e o que a priori parecía unha boa idea, resultou ser unha gran idea, dicía, xa que teñen distribuído máis de 300 barcos por distintos países.

Boquete apoya a Croacia

La atacante española y embajadora de la UEFA estuvo presente en el torneo de desarrollo de la UEFA sub-16 para...


En marcha los torneos de desarrollo

Con una intensa temporada por delante, las últimas ediciones de los torneos se están llevando a cabo en Algarve, dando...


Eventos de fútbol base en Turín

La final centra la atención en la ciudad italiana, pero la federación italiana tampoco se olvida del fútbol base y ha...


Gane una camiseta firmada por Navas

Podrá obtener una elástica autografiada por el jugador del Manchester City Jesús Navas si demuestra sus habilidades...


El legado de la final de Ámsterdam

El fútbol juvenil se ha convertido en el centro de atención en la víspera del decisivo encuentro de la Europa League,...


Resumen del año: la UEFA EURO 2016

La UEFA EURO 2016 acaparó la mayor atención durante gran parte del año en UEFA.com, pero ¿qué es lo que recuerda? Hemos recapitulado los titulares de un verano inolvidable en Francia.


Griezmann recibe el premio al mejor jugador de la EURO

El delantero francés recibió su galardón en el calentamiento del partido entre Francia y Bulgaria por los clasificatorios europeos.


Informe técnico 5 de la UEFA EURO 2016: posesión

Después de dos Eurocopas en las que el juego de posesión reportó a España grandes beneficios, el control del balón dejó de ser garantía de éxito.